jueves, 28 de febrero de 2019

Ledicia Costas


           Onte visitou ós nosos alumnos de 1º ESO a escritora Ledicia Costas para falarlles do libro que tiveron que ler esta avaliación: Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, premio Lazarillo de creación literaria en 2015.

Ledicia Costas Álvarez, nada en Vigo o 19 de setembro de 1979, é unha escritora galega. Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras novelas en plena adolescencia. Licenciada en Dereito Económico, desde hai varios anos dedícase en exclusiva á creación literaria. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.
Ledicia amosou proximidade e dozura dende o primeiro momento e resolveu moitas dúbidas ós estudantes, non só relacionadas con este libro, senón tamén con outros que leran da autora en cursos pasados. 
Ó final da charla rematou coa autora asinando todos os exemplares que os nenos tiñan e compartindo algunha que outra confidencia. 

Esperamos volver a vela o vindeiro ano.













No hay comentarios:

Publicar un comentario